InicioOccidentalViveiroViveiro finaliza unha nova campaña de control da gaivota de pata amarela

Viveiro finaliza unha nova campaña de control da gaivota de pata amarela

O consistorio viveirense iniciará o control da pomba común.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro prestou de novo este ano o servizo de control da gaivota patiamarela en Viveiro, que tivo lugar entre os meses de maio e agosto, coincidindo coa tempada de cría.

No Concello de Viveiro fomos pioneiros en prestar este servizo, que cumpre este ano a súa terceira edición no municipio”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

O obxectivo xeral que persegue este servizo é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Viveiro. Deste modo, realízase unha correcta xestión da poboación destas aves para previr e evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles pragas e problemas de salubridade pública, á vez que se asegura o benestar desta especie.

Este servizo foi realizado por unha empresa especializada que conta cos pertinentes permisos autonómicos para o control poboacional da gaivota, para a retirada de niños, ovos e polos e a posterior xestións dos mesmo, cumprindo sempre as pautas que marca a Lei de Benestar Animal para este tipo de actuacións.

Nos días previos ao inicio dos traballos, realizouse un censo poboacional, que se ampliou con datos recollidos durante o período de traballo de campo, entre o 13 de maio e o 31 de agosto. O obxectivo do censo foi obter unha estimación o máis aproximada posible do tamaño total da poboación reprodutora de gaivotas asentada en Viveiro e coñecer a súa distribución polo casco urbano.

En virtude dos datos recollidos directamente sobre os tellados da zona de cría do casco urbano de Viveiro, pódese coñecer con exactitude o tamaño da poboación de gaivotas asentada na vila. Deste modo, existen 199 parellas nidificantes localizadas, das que 197 foron intervidas, é dicir retirouse o niño e o contido cando menos unha vez, quedando sen intervir 2 parellas ao non conseguir acceder ao tellado.

Este servizo redunda no beneficio tanto da cidadanía como dos animais, garantindo o seu coidado. En 2018 estimábase unha poboación de 218 parellas reprodutoras, polo que co descenso da cifra neste ano, evidénciase que a eficacia do servizo que prestamos dende o Concello de Viveiro”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Neste 2021, recibíronse a través dos teléfonos habilitados un total de 139 reclamacións de cidadáns causadas por gaivotas, atopándose resoltas todas elas. Ademais de atender estas peticións, intentouse realizar o máximo de visitas posibles atendendo aos listados de anos anteriores.

Nas visitas realizadas revisáronse 346 tellados, retirando 285 niños (todos os localizados), 537 ovos e 76 polos. Finalmente, cabe sinalar que como en anos anteriores, a zona máis afectada atópase no casco antigo de Viveiro, seguida de Celeiro e, en menor medida, na zona de Covas.

INCREMENTO DO CONTROL DA POMBA COMÚN

Dentro do servizo de control de aves prestado polo Concello de Viveiro, este ano engadiuse ademais o control da pomba común, cun servizo de control poboacional mediante captura de exemplares adultos nas zonas máis afectadas do entorno urbano.

Con carácter previo ao inicio dos traballos realizáronse censos de poboación nos tres núcleos urbanos de Viveiro, rexistrando unha poboación en torno aos 300 exemplares entre todas as zonas. Esta situación afectaba principalmente ao casco histórico de Viveiro e á zona de Covas, sendo a poboación establecida en Celeiro menor.

Unha vez finalizado o censo instalaranse xaulas de captura que reúnen unhas condicións óptimas para as pombas aloxadas no seu interior, para a súa posterior recollida e traslado ao pombal autorizado. Alí, realizarase unha revisión das mesmas previo ao seu destino definitivo marcado polas autorizacións da Xunta de Galicia. Na actualidade atópase instalada unha xaula na zona de Covas e, en breve, instalarase outra no casco histórico de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...