InicioOccidentalViveiroO I Foro Económico de Viveiro abre este sábado un encontro para...

O I Foro Económico de Viveiro abre este sábado un encontro para o sector empresarial

Esta nova iniciativa xurde do acordo do equipo de goberno con Por Viveiro para a aprobación dos orzamentos e dos plans de reactivación económica derivados da pandemia da Covid-19.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle este sábado, 30 de outubro, o ‘I Foro Económico de Viveiro’, que se celebrará no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas.

Queremos que esta xornada de debate sexa un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Viveiro, nun momento de grandes preocupacións e inquedanzas na sociedade”, asegura María Loureiro, alcaldesa do Concello de Viveiro.

Esta nova iniciativa xurde do acordo do equipo de goberno con Por Viveiro para a aprobación dos orzamentos e dos plans de reactivación económica derivados da pandemia da Covid-19.

Abrirá o foro Antonio Abril Abadín, presidente da Confederación de Consellos Sociais das Universidades Españolas e do Consello social da Universidade da Coruña, cunha ponencia sobre ‘A universidade como motor de desesnvolvemento económico e social’.

Despois, haberá a mesa redonda ‘Perspectivas económicas e oportunidades de futuro para Viveiro e A mariña tras a Covid-19: industria e comercio local’, con María Cadaval Sampedro, profesora de Economía Aplicada da USC e directora da Cátedra Iberoamericana, e Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor titular de Economía Pública e Sistemas Fiscais da USC, e presidente do Consello Galego de Economistas.

Posteriormente, chegará o acto de recoñecemento empresarial a unha empresa de Viveiro, neste caso Maderas López Pigueiras, “pero queremos que sirva tamén de recoñecemento en xeral a todas as empresas e autónomos que traballan duro cada día no noso concello a pesares das dificultades”, engade Loureiro.

O aforo será limitado polas restricións da Covid-19. Aquelas persoas que non poidan asistir, poderán seguir a xornada por streaming nas redes sociais.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...