InicioOccidentalViveiroPor que o Cantábrico é agora o centro dos terremotos en Galicia?

Por que o Cantábrico é agora o centro dos terremotos en Galicia?

Un terremoto de 3,3º tivo lugar fronte as costas de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou na mañá deste domingo un terremoto de magnitude 3,3 na escala de Richter, o sétimo con epicentro no Mar Cantábrico notificado desde a madrugada do venres, cando se produciu o primeiro de 4,4 graos.

En concreto, o sismo produciuse ás 9,47 horas ao norte de Viveiro, a escasas millas do rexistrado o venres. Ademais, é o segundo máis forte dos últimos tres días.

E é que ao longo da fin de semana fóronse rexistrando outros cinco terremotos máis pequenos que oscilaron entre os 2,2 e os 2,7 graos de magnitude Richter.

O máis forte de todos eles, o de 4,4 ás 4,32 da madrugada do venres, sentiuse en decenas de concellos galegos das provincias de Lugo e A Coruña, aínda que en ningún deixou incidencias destacables.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...