Viveiro destina case 2 millóns de euros ao servizo de atención no Fogar

“Os concellos somos unha rede de apoio esencial para os coidadores/as así como para quen precisa coidados. Por iso, debemos continuar enfoncado os nosos recursos na axuda social, máis se cabe nesta etapa tras a pandemia, que agravou a situación de moitas familias”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro súmase hoxe, 5 de novembro, á conmemoración do Día do Coidador/a. Esta data busca reivindicar o traballo das persoas que se dedican ao coidado doutras persoas, por razóns de idade, enfermidade ou en situacións de dependencia.

Os concellos somos unha rede de apoio esencial para os coidadores/as así como para quen precisa coidados. Por iso, debemos continuar enfoncado os nosos recursos na axuda social, máis se cabe nesta etapa tras a pandemia, que agravou a situación de moitas familias”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Neste sentido, o Concello de Viveiro destina este ano 1’88 millóns de euros dos seus orzamentos a Servizos Sociais. Dentro desta partida, 1’77 millóns de euros destínanse ao Servizo de Atención no Fogar (SAF), incluíndo tanto o servizo de libre concorrencia como o de dependencia.

Alén do Servizo de Axuda no Fogar, o Concello de Viveiro, a través do departamento de Servizos Sociais, ten postos en marcha diferentes programas de atención ás persoas maiores. Entre eles, destaca o programa de Xantar na Casa, que facilita unha alimentación saudable e equilibrada a aquelas colectivos de persoas maiores e persoas en situación de dependencia, mellorando a súa calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios/as.

Doutra banda, o Concello de Viveiro tamén artella o servizo de Teleasistencia Domiciliaria, a través da Dependencia da Xunta de Galicia ou a través da Deputación de Lugo, sendo neste último caso un servizo gratuíto. Este é un servizo, dirixido a persoas maiores que viven soas, que lles permite pedir axuda en caso de urxencia, dende o propio domicilio. Este servizo é unha prestación que garante atención as 24 horas do día e os 365 días do ano, favorecendo a permanencia e a integración no entorno familiar e social das persoas usuarias do mesmo.

Por último, o goberno local recorda a importancia de “Voluntariado Social”, un programa de acompañamento social para todas aquelas persoas que necesiten nun momento dado que se lles acompañe para realizar unha xestión ou a citas médicas cando carezan dunha rede de apoio social.

Dende o Concello de Viveiro aprovéitase esta data para agradecer o traballo de Cruz Vermella e de AFA (Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer de Viveiro). A súa dedicación permite que os coidadores e coidadoras poidan ter tempo de desconexión e de goce para si mesmos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here