Óscar Rodríguez, novo presidente do PP de Viveiro

Rodríguez busca lograr un PP de Viveiro "aínda máis unido, máis activo e motivado para buscar solucións aos problemas do concello".

06-11-2021 El secretario xeral del PPdeG, Miguel Tellado, y la presidenta del PP de Lugo, Elena Candia, arropan a Óscar Rodríguez en su elección como presidente del PP de Viveiro POLITICA ESPAÑA EUROPA GALICIA AUTONOMÍAS PP DE LUGO

Óscar Rodríguez foi elixido este sábado como novo presidente do PP de Viveiro. O popular asume así a dirección do partido, na que estará acompañado de María del Carmen Gueimunde González na secretaría xeral e por Teresa Pérez Rodríguez Seijo na subsecretaría xeral.
Nas súas intervencións, das que informou o PP de Lugo nun comunicado, o novo presidente local do PP destacou que quere incrementar a base da formación e alargar a organización a través da incorporación de novos afiliados, tarefa á que se dedicou con intensidade desde que asumiu a portavocía local.
Así, busca lograr un PP de Viveiro “aínda máis unido, máis activo e motivado para buscar solucións aos problemas do concello”. E é que, entre outras cuestións, Óscar Rodríguez lamentou a falta de políticas municipais de apoio á industria de Viveiro, aludiu á grave situación que atravesan Alcoa e Vestas, e lamentou o “pouco peso” da alcaldesa, María Loureiro, no seu partido, o PSOE.
Na súa elección, Óscar Rodríguez estivo arroupado pola presidenta do partido a nivel provincial, Elena Candia, e polo vicesecretario de Participación do PP nacional, Jaime de Olano; ademais de por o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado. No acto, Candia felicitou a Rodríguez e ao seu equipo, sobre os que depositou a “confianza absoluta da dirección provincial para que Viveiro volva ter un goberno do PP”.
Na súa intervención, ademais subliñou a importancia do cambio que necesita Viveiro. “Todos sabemos como está A Mariña, todos sabemos que o Goberno central o que fai é dar as costas a Alcoa, a Vestas e, mentres, a nosa comarca polo único polo que é noticia a nivel nacional é pola destrución de emprego”.
Ademais, volveu a esixir que o Executivo socialista interceda a través da SEPI para que a venda de Alcoa sexa efectiva e garanta, sobre todo, o mantemento da empresa e os empregos que xera. En canto a Vestas, sinalou que a Xunta ten contactos con empresas que poderían ser potenciais compradoras e, mentres, o Goberno central “non está polo labor de buscar un comprador que garanta a continuidade da actividade e preserve o emprego na factoría de Viveiro”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here