InicioOccidentalViveiroAdxudicadas as obras de rehabilitación do paseo marítimo de Viveiro

Adxudicadas as obras de rehabilitación do paseo marítimo de Viveiro

Entre as actuacións previstas inclúense a consolidación do terreo, a execución da lousa e o reforzo da balaustrada.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que hoxe tivo lugar a mesa de contratación para a apertura de ofertas presentadas no expediente para a licitación das obras que solucionarán os problemas estruturais da fachada do paseo marítimo, entre o templete da música e o Conservatorio de Música.

Neste procedemento presentáronse dúas empresas, resultando proposta como adxudicataria a empresa Sergonsa Servicios S.L.

O importe do proxecto, denominado “Proyecto de Análisis de los problemas estructurales de la fachada marítima de Viveiro y estudio de la solución”, ascende a 115.611 euros e o seu prazo de execución é de 4 meses.

As deficiencias estruturais existentes ao longo da fachada marítima consisten basicamente no basculamento cara ó mar da parte alta do muro de sostemento da fachada marítima, unido a un asentamento do borde exterior da lousa do paseo marítimo. Estas deficiencias orixinaron unha serie de irregularidades na pavimentación, que motivaron o balado da zona co fin de impedir o acceso aos viandantes.

Neste proxecto defínense as obras necesarias para reparar 90 metros da fachada marítima de Viveiro e dotar ao mesmo da protección necesaria para a súa utilización de forma segura por parte da poboación.

Entre as actuacións previstas inclúense a consolidación do terreo, a execución da lousa e o reforzo da balaustrada. Para a execución destas obras, o Concello de Viveiro e a Deputación Provincial de Lugo asinaron un convenio de colaboración, mediante o cal a institución provincial achega un investimento de 100.000 euros para acometer estas actuacións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...