InicioEconomíaOs traballadores de Vestas mobilizaranse en toda a Mariña para evitar o...

Os traballadores de Vestas mobilizaranse en toda a Mariña para evitar o ERE

Actualmente, os traballadores non tiveron notificación da execución do ERE por parte da empresa

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Vestas en Viveiro preparan un calendario de mobilizacións despois de que o pasado luns rematase sen acordo o período de negociación do ERE que afecta a 115 empregados.

O presidente do comité de empresa, David Mariño, explicou que na reunión do comité deste mércores abordáronse as protestas a realizar en próximos días. Así, este xoves teñen previsto facer unha nova concentración a partir das 11,00 horas ante a fábrica de Chavín, nunha xornada de folga.

En próximos días, prevén levar as súas protestas a diversos puntos da comarca da Mariña, con manifestacións que serán, previsiblemente, os venres de cada semana ata rematar o ano.

“Queremos dar visibilización mentres esperamos unha nova mesa industrial, que sería moi conveniente para saber como están as cousas e para ver que se pode facer nestes momentos nos que estamos, despois de romper esas negociacións de maneira definitiva coa empresa“, explica.

Actualmente, os traballadores non tiveron notificación da execución do ERE por parte da empresa ao non recibir aínda as cartas de despedimento. Vestas informou de que manterá a produción na planta de Viveiro ata o 31 de decembro deste ano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...