InicioCulturaDeclarado deserto o III Premio Literario Vilar Ponte de Viveiro

Declarado deserto o III Premio Literario Vilar Ponte de Viveiro

O Concello de Viveiro agradece o traballo e a dedicación do xurado, emprazando aos escritores e escritoras a participar na vindeira edición deste premio literario que terá lugar en 2022, que será anunciada a principios de ano.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que o xurado do III Premio Vilar Ponte de Novela acordou declarar deserta a presente edición.

O Premio Vilar Ponte de Novela nace coa vontade de render homenaxe aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte, ademais de apoiar e difundir a literatura en lingua galega. O xurado desta terceira edición, que se constituíu na reunión celebrada o pasado sábado 13 de novembro, estaba composto por tres persoas vinculadas ao ámbito literario, cultural e xuvenil e unha representante do Concello de Viveiro que actúa como secretaria con voz e sen voto.

Os membros do xurado son Carlos Nuevo Cal (Cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador), Antía Yañez Rodríguez (Escritora), Lorena Mera Ramil (Técnica de Xuventude) e, actuando como secretaria, con voz e sen voto,  Rosario San Isidro Franco.

Os membros do xurado acordaron como criterios de valoración para a selección da obra gañadora e da finalista a calidade literaria, a calidade lingüística, a puntuación, a boa narrativa, a temática, a xeneralidade do público ao que vai dirixida, a actualidade e frescura na obra e a cohesión nas partes da obra.

En base a estes criterios, o xurado acordou que “malia ter algunhas das obras presentadas un xérmolo temático bastante orixinal e actual, a súa execución final non acada a calidade necesaria. A escrita é un labor que conleva moito traballo de revisión e maduración e o xurado considera que esa foi unha das principais eivas das obras presentadas nesta edición, motivo polo que se procede a declarar deserta a terceira edición do Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro”.

O Concello de Viveiro agradece o traballo e a dedicación do xurado, emprazando aos escritores e escritoras a participar na vindeira edición deste premio literario que terá lugar en 2022, que será anunciada a principios de ano.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...