InicioOccidentalViveiroA alcaldesa de Viveiro acusa ao delegado da Xunta de "falta de...

A alcaldesa de Viveiro acusa ao delegado da Xunta de “falta de respecto institucional”

A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García fíxolle constar por carta ao delegado da Xunta, Javier Arias Fouz, que na reunión coa veciñanza de Celeiro debera estar convocado tamén o Concello.

Publicada o

- Advertisement -

A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, enviou unha carta ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz, considerando “unha falta de respecto institucional” que o Concello de Viveiro non fose convocado á reunión informativa que tivo lugar o pasado xoves en Celeiro.

Tras a súa visita a Viveiro o pasado xoves 18 de novembro, a alcaldesa remitiulle o escrito para indicar que “nos parece ben a reunión informativa que mantivo cos veciños e veciñas de Celeiro en relación coas obras de saneamento da ría”, facendo constar, sen embargo, “que entendemos que o concello tamén debería formar parte desa reunión informativa”.

O Concello de Viveiro traballou e participou na tramitación necesaria para a execución destas obras, financiadas pola Xunta de Galicia a través de fondos europeos, colaborando e achegando toda a documentación requerida sempre á maior celeridade posible, tal e como pode comprobarse nos propios expedientes.

“Consideramos que se trata dunha cuestión de respecto institucional e entendemos que nunha visita ao noso concello, aínda que teña lugar en dependencias da Consellería do Mar, á que son citados os veciños e á que acude o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, o resto dos grupos do Concello de Viveiro tamén deberían ter sido convocados”, engade Loureiro.

O Concello de Viveiro considera unha gran nova que se vaia a proceder á licitación destas obras, unhas actuacións imprescindibles e moi necesarias para a nosa ría, polas que agarda dende 2016, cando o Concello de Viveiro firmou o convenio coa Xunta de Galicia.

“Tamén entendemos e parécenos ben que se informe á plataforma veciñal, tendo en conta que os veciños e veciñas tamén axudaron ao concello a reivindicar o saneamento da ría de Viveiro, pero o que botamos en falta é que non se avisara ao concello”, recolle a carta.

“Insistindo en que que o anuncio da licitación destas obras é unha boa noticia, lamentamos que nin esta alcaldía nin os voceiros dos demais grupos políticos municipais, como representantes de todos os veciños e veciñas de Viveiro, fósemos convocados a esa reunión informativa na que si estivo presente o voceiro do Partido Popular”, remata a alcaldesa.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...