InicioOccidentalViveiroMáis de 700 viveirenses e catro centros educativos coñecerán os beneficios da...

Máis de 700 viveirenses e catro centros educativos coñecerán os beneficios da compostaxe

A repercusión social dos 269 composteiros instalados chega a 725 persoas nas familias e estimase que o alumnado entre os 4 centros suma 1000 persoas.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presentou hoxe na Casa do Concello os resultados da campaña de compostaxe que comezou en decembro do ano 2020. Este proxecto esta enmarcado en #ViveiroSustentable, que é a imaxe do Concello de Viveiro para accións de concienciación sobre medio ambiente e cambio climático.

A primeira campaña de Viveiro sustentable é o programa de compostaxe no que participaron 264 familias e catro centros educativos. Establecendo unha escala de 1 a 5, as persoas participantes valoraron moi positivamente todo o programa (4,36), ademais de que as Mestras Composteiras valoraron correctamente a labor de compostaxe levada a cabo polas familias (3,56).

A repercusión social dos 269 composteiros instalados chega a 725 persoas nas familias e estimase que o alumnado entre os 4 centros suma 1000 persoas. Polo que a acción ten un impacto directo en aproximadamente 2000 veciños e veciñas.

Indirectamente, tendo en conta a campaña de difusión, os familiares e amizades asociadas aos composteiros domésticos e ás familias do alumnado do centro de ensino, as campañas en redes sociais, os anuncios e noticias en prensa podemos estimar unha repercusión indirecta en toda a poboación do Concello de Viveiro, superando os 15.000 cidadáns nestes momentos.

Tendo en conta que os biorresiduos corresponden ao 42.36% do total producido, que a produción de residuos é de 1.22 Kg hab/día, estímase que anualmente evitarase, gracias as familias participantes, o tratamento duns 136.756,08 kg de lixo que ía ser destinado ao contedor xenérico.

Paralelamente a esta redución, espérase un aumento na recollida separada do resto das fraccións derivada dun cambio de hábitos nos fogares e unha mellor comprensión sobre a separación selectiva.

Ademais, agárdase un aforro económico na recollida, transporte e no tratamento dos residuos que se retiran do fluxo convencional de xestión e afórranse tamén as emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do transporte de eses residuos á planta.

Se tan solo tivésemos en conta a taxa por tonelada de tratamento dos residuos en SOGAMA (planta onde envía os residuos o Concello de Viveiro), que ascende a 69,48 euros, pola minoración de toneladas enviadas obtemos un aforro anual de 9.501,82 euros. Habería que sumar a esta cifra os aforros en recollida e transporte, estimándose a mesma nuns 5.000 euros.

Temos que ter en conta o impacto derivado pola maior concienciación e sensibilización de todas as persoas implicadas no proxecto e a obtención dun compost de calidade. Os impactos indirectos na mellora da separación dos residuos e o compostaxe nos centros educativos estímase en 5.000 euros. O total anual de aforro estimado ascende a 19.501,82 euros

O investimento foi de 13.935,68 euros na adquisición de composteiros e aireadores e de 26.524,52 euros na campaña de captación e concienciación, formación e seguimento do proceso de compostaxe coas Mestras Composteiras. Un total de 38.993,57 euros nesta primeira fase, en conceptos soamente económicos o período de amortización e de menos de dous anos.

Os cidadáns de Viveiro aínda poden apuntarse ao programa de forma gratuíta e para elo e necesario completar un formulario (https://cutt.ly/yhO5rrF), enviar un correo electrónico a viveirosustentable@mediagesgm.com ou chamar ao número 675.507.832. A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...