O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas.
“Dentro de este obxectivo, queremos impulsar o envellecemento activo e para elo organizamos desde o concello unha actividade gratuíta de ximnasia de mantemento, dirixida a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Esta actividade, de dous meses de duración nun principio, terá lugar os martes, de 11:30 a 12:30 horas, no pavillón municipal. As clases serán impartidas por monitores profesionais.
As persoas interesadas en participar deben anotarse, facilitando nome e apelidos e un número de teléfono de contacto, chamando ao teléfono 982.55.04.21.
Para esta actividade ofértanse un total de 20 prazas, sendo requisito necesario para participar estar empadroado no Concello de Viveiro e cubríndose as prazas por orde de inscrición.
Está previsto que as clases comecen o 14 de decembro, polo que a inscrición será do 1 ao 10 de decembro. Para participar nesta actividade será necesario roupa e calzado deportivo.