InicioOccidentalViveiro"Superarte" ou como conseguir un concello máis inclusivo en Viveiro

“Superarte” ou como conseguir un concello máis inclusivo en Viveiro

No marco desta mostra de teatro, a contadora Charo Pita realizou unha actividade nos centros educativos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro realizou xa varias actividades tras a inauguración o pasado domingo da 3ª edición de Superarte, todas enmarcadas dentro desta mostra de teatro inclusivo. Superarte é a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, dedicada nesta edición ao Trastorno do Espectro Autista (TEA).

O Concello de Viveiro agradece a colaboración de ASPANANE na charla-encontro co comercio e a hostalaría locais, que se celebrou onte baixo o lema ‘O Comercio e a Hostalaría Inclúen. Na procura dun comercio e unha hostalaría máis inclusivos’. A charla contou coa implicación da concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, e da concelleira de Comercio e Turismo, Marisol Rey.

O goberno local traslada o seu agradecemento tamén ás persoas comerciantes e hostaleiras que se achegaron onte a escoitar ós usuarios/as de ASPANANE, quen falaron en primeira persoa das súas necesidades de cara a lograr un municipio máis inclusivo.

“Este tipo de encontros son moi enriquecedores de cara a ser un primeiro paso para transformar Viveiro nun municipio accesible para todos os colectivos”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

Dende este martes, repartiranse os pictogramas para que os comerciantes do Casco Histórico coloquen nos seus establecementos. Deste modo, as persoas con TEA poderán entender dun xeito máis fácil a súa contorna.

Doutra banda, Superarte tamén programou actividades nos centros de educación primaria de Viveiro e á escola infantil San Roque. Concretamente, a contadora Charo Pita relatou o conto “La Carrera”, que transmite a historia dun neno con TEA. Dende o Concello de Viveiro agradécese aos centros educativos e ao seu persoal docente que estean posibilitando esta edición de Superarte.

“Con este programa buscamos chegar a todos os sectores da sociedade: as escolas, os negocios e ata a propia administración. A inclusión debe ser unha realidade en todos os ámbitos das nosas vidas”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...