InicioOccidentalViveiroViveiro avalía a accesibilidade cognitiva do edificio municipal para persoas con espectro...

Viveiro avalía a accesibilidade cognitiva do edificio municipal para persoas con espectro autista

Esta iniciativa inclúese no marco da programación de “Superarte”, a mostra de teatro inclusiva impulsada polo Concello de Viveiro e que este ano se dedicou ás persoas con TEA.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro realizou hoxe unha xornada de análise a cargo dunha técnica e dúas validadoras da Asociación BATA, que traballa con persoas que teñen Trastorno do Espectro Autista (TEA). Na visita, realizaron unha avaliación do edificio no que se ubica o Concello de Viveiro, co obxectivo de valorar se é un lugar accesible para persoas con TEA.

As validadoras son persoas con espectro autista que baixo o seu punto de vista avalían as necesidades da instalación para ser accesible cognitivamente. Unha vez recollidas as posibles deficiencias, a Asociación BATA trasladará ao Concello de Viveiro un informe cos puntos a mellorar.

“Este informe serviranos como guía para mellorar na nosa teima de que Viveiro sexa un lugar completamente inclusivo. De momento, semella que a avaliación será alentadora para seguir traballando”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega.

Esta iniciativa inclúese no marco da programación de “Superarte”, a mostra de teatro inclusiva impulsada polo Concello de Viveiro e que este ano se dedicou ás persoas con TEA.

“Fomos un municipio pioneiro co programa Viveiro Inclúe, co que seguiremos desenvolvendo actividades como esta para que Viveiro sexa un lugar máis inclusivo”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...