InicioOccidentalViveiroO comité pondera denunciar a Vestas nos xulgados de Dinamarca

O comité pondera denunciar a Vestas nos xulgados de Dinamarca

Defenderían a tese da "mala fe" nas negociacións do ERE.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Vestas decidirá nunha próxima asemblea de traballadores se denuncia á compañía e mesmo eleva esa demanda á matriz da multinacional de aeroxeradores en Dinamarca. O presidente do comité, David Mariño, explicou que a demanda se interporía para “demostrar a mala fe negociadora que tivo Vestas en todo este tempo”.

O 31 farase efectivo o ERE que deixará na rúa a todo o persoal, de 115 traballadores. O expediente xa está recorrido e está previsto que se celebre o xuízo o 20 de xaneiro. Á súa vez, os representantes dos traballadores estudarán se volven relanzar as protestas por estes despedimentos e polo peche da factoría de Chavín.

En vésperas de Noiteboa, Mariño confesou que “os ánimos están un pouco decaídos”. “Pero aquí estamos a aguantar o tirón ata o final”, engadiu. Asume que finalmente haberá peche e engade que “a negación non serve para nada”. “Temos que mirar facía diante, pensar no futuro e no que nos vén despois do 31”, resolveu.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...