InicioOccidentalViveiroDenuncian a situación "insostible" do Centro de Saúde de Viveiro pola falta...

Denuncian a situación “insostible” do Centro de Saúde de Viveiro pola falta de persoal sanitario

Denuncian que nalgúns días o centro de saúde contou unicamente coa presenza dun facultativo para a atención da totalidade da poboación de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

A CIG-Saúde da Mariña denuncia nunha nota de prensa a situación do Centro de Saúde de Viveiro “pola ausencia, desde hai moitos meses de máis da metade da dotación de persoal facultativo”. Desde o sindicato apuntan que a situación xa foi denunciada recentemente  logo de chegar a “situacións tan inasumibles como a de estar só dous facultativos en quenda de mañá, máis outro para a atención urxente“. En total, isto deixaría tres facultativos para atender a case 16.000 pacientes, “o que constitúe unha ratio inaceptable de máis de 5.000 persoas por profesional”.

Á parte disto, o sindicato sinala que a situación se foi agravando “ao ter constancia que nalgúns días o centro de saúde contou unicamente coa presenza dun facultativo para a atención da totalidade da poboación de Viveiro“. Esta situación  estaría conducindo ao peche do centro de saúde ante a falta de persoal, sinalan.

Por outra parte, tamén se denuncia que moitos dos e das pacientes reciben anulacións e adiamento de citas sen previo aviso ou “cunha chamada telefónica no mesmo día que tiñan que acudir á consulta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...