InicioOccidentalViveiroLeo Bassi e o seu espectáculo "Yo, Mussolini" estarán en Viveiro o...

Leo Bassi e o seu espectáculo “Yo, Mussolini” estarán en Viveiro o vindeiro sábado 29 de xaneiro

“A súa obra é un alegato á liberdade, a través da cultura transmite valores e recórdanos estes feitos para non repetir os erros do pasado”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa aos seus veciños e veciñas da actuación de Leo Bassi o próximo sábado 29 de xaneiro no Teatro Pastor Díaz. O artista, que presentará o espectáculo “Yo Mussolini”, visitará Viveiro no marco da súa xira por España, actuando tamén noutros puntos de Galicia.

Leo Bassi é un dos grandes “clowns” do mundo do espectáculo, sendo unha gran referencia no mundo circense. No espectáculo que representará en Viveiro, pretende alertar do perigo que implica o avance da extrema dereita.

“A súa obra é un alegato á liberdade, a través da cultura transmite valores e recórdanos estes feitos para non repetir os erros do pasado”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

As reservas de entradas realizaranse no teléfono 982560162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es

A entrada terá un custe de 8 euros, con opción reducida a estudantes e pensionistas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...