InicioOccidentalViveiroViveiro acomete a limpeza de cauces fluviais logo das autorizacións de Augas...

Viveiro acomete a limpeza de cauces fluviais logo das autorizacións de Augas de Galicia

Estes traballos realízanse coas autorizacións pertinentes, en tramos de competencia municipal, co obxectivo de facilitar que os ríos discorran con normalidade pola súa cauces, evitando atascos ou posibles desbordamentos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro realiza desde hai semanas labores de mantemento e conservación fluvial en diversos ríos do municipio.

Dende finais do pasado mes de decembro, procedeuse á realización destas tarefas nos cauces dos río Fontecova (Xunqueira); no Rego das Trasposta; no rego que discorre en paralelo á rúa Pallete, en Landrove; Rego de Loiba, en Covas, e Rego das Nogueiras.

Estes traballos realízanse coas autorizacións pertinentes, en tramos de competencia municipal, co obxectivo de facilitar que os ríos discorran con normalidade pola súa cauces, evitando atascos ou posibles desbordamentos.

O Concello de Viveiro realiza estas labores de mantemento e acondicionamento de cauces, en tramos urbanos, de forma periódica, unha vez que se dispón das autorizacións correspondentes por parte de Augas de Galicia. Esta tramitación require de tempo, non podendo realizase estes traballos de conservación, aínda que se trata de tramos de competencia municipal, ata que non chegan os permisos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...