InicioOccidentalViveiro'Sopa de Pedras', teatro para nenos en Viveiro este sábado no Pastor...

‘Sopa de Pedras’, teatro para nenos en Viveiro este sábado no Pastor Díaz

A obra vai dirixida a un público infantil a partir dos catro anos como teatro de monicreques. Será no teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

Sopa de Pedras’ fala de todas aquelas persoas que foxen da súa realidade en busca dunha oportunidade e chegan a un lugar onde se atopan unha sociedade que non ve ou non quere ver máis aló dela mesma e é incapaz de ver ao recentemente chegado como unha oportunidade e non como unha ameaza. Falando desta sociedade, falamos de todos nós e daquelas pedras que encontramos  na vida e que hai que converter en oportunidades e aprendizaxe.

‘Sopa de Pedras’ é a historia de Alma, unha nena que ten que fuxir do seu país, porque un día ve como o ceo, en lugar de cometas, se enche de avións. Despois dunha longa viaxe, chega a un lugar descoñecido, onde aparentemente todo o mundo ten de todo, pero ninguén quere compartir nada con ela. Con enxeño e intelixencia fai unha sopa de pedras que transforma o individualismo de todo un pobo nun traballo en equipo e dá unha lección de vida a todos aqueles que inicialmente lle pecharon as portas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...