InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro acusa á Xunta de falta de respecto institucional...

O Concello de Viveiro acusa á Xunta de falta de respecto institucional por non informar da entrega dunha vivenda pública

A Xunta de Galicia, a través do Delegado Territorial en Lugo, entregou no día de onte as chaves ás familias adxudicatarias de dúas vivendas de promoción pública, unha en Viveiro e outra en Mondoñedo.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lamenta a falta de respecto institucional da Xunta de Galicia na entrega dunha vivenda de promoción pública. A Xunta de Galicia, a través do Delegado Territorial en Lugo, entregou no día de onte as chaves ás familias adxudicatarias de dúas vivendas de promoción pública, unha en Viveiro e outra en Mondoñedo.

No Concello de Mondoñedo, o alcalde estivo presente no acto de entrega das chaves. Porén, no Concello de Viveiro, xunto ao Delegado Territorial da Xunta, estivo unicamente o voceiro do grupo municipal do Partido Popular, pero a alcaldesa de Viveiro non foi invitada a este acto. Dende o goberno municipal, laméntase que o Concello de Viveiro non fose convidado a participar neste acto.

O goberno local tamén critica a falta de contestación aos escritos remitidos pola alcaldesa de Viveiro á Conselleira de Política Social e á Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

En ditos escritos, a alcaldesa solicitaba información sobre a noticia aparecida nos medios de comunicación con respecto á rehabilitación de varias vivendas para a integración de familias desfavorecidas.

Por parte da Consellería da Política Social tampouco se deu resposta ao escrito remitido despois da súa visita ao Concello de Viveiro, en relación coas obras do Albergue de Area e na que tampouco se invitou á alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...