O Concello de Viveiro organiza o obradoiro “Muller e ciencia”, dirixido á infancia, con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia que se celebra mañá venres, 11 de febreiro.
Os obradoiros desenvolveranse este domingo, 13 de febreiro, en horario de mañá para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Durante as actividades, que serán gratuítas, realizaranse accións divulgativas, de creación e experimentos, así como de coñecemento de figuras científicas femininas.
Os grupos e os horarios poden consultarse vía WhatsApp no teléfono: 654208333.
O Concello de Viveiro busca con esta actividade visibilizar e reivindicar o traballo das mulleres científicas, moitas veces invisibilizado, en prol de acadar unha igualdade real.