InicioOccidentalViveiroResultados da campaña de trampeo profesional contra a velutina en Viveiro

Resultados da campaña de trampeo profesional contra a velutina en Viveiro

O trampeo profesional consiste na acción de instalar trampas xeolocalizadas, cuns atraentes especiais para capturar nos meses primaveirais raíñas fundadoras de niños, que tras o seu letargo invernal comezan de novo o seu ciclo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa do balance da acción de trampeo de avespas velutinas, que foi realizada o pasado ano por unha empresa especializada.

Este labor levouse a cabo entre os meses de marzo e xullo, instalándose un total de 2.688 trampas. O trampeo profesional consiste na acción de instalar trampas xeolocalizadas, cuns atraentes especiais para capturar nos meses primaveirais raíñas fundadoras de niños, que tras o seu letargo invernal comezan de novo o seu ciclo.

Grazas a esta acción de trampeo, no pasado ano, capturáronse 10.374 avespas raíñas e zanganeras, superando as cifras de 2020. Para a colocación das trampas tivéronse en conta varias factores, como a proximidade a vivendas, a detección de focos predilectos de instalación ou a protección de asentamentos apícolas.

Coa campaña de 2021, o goberno local leva tres anos impulsando este tipo de acción de trampeo profesional, coa que se pretende minimizar a aparición de niños de velutina.

Cabe sinalar que en 2020 se colocaron un total de 2.157 trampas, dando lugar á captura de 7.335 avespas raíña e zanganera. Estes dous tipos de avespas teñen a capacidade de iniciar niños, pois hibernan xuntas.

O Concello de Viveiro está adherido ao convenio para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixilancia e control fronte á avespa velutina, asinado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp.

“Non obstante, este programa resulta insuficiente para atender a problemática das avespas no noso municipio. Polo que dende o goberno local levamos anos contratando os servizos dunha empresa especializada neste campo”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. Con esta acción, o goberno local pretende estabilizar a praga, reducindo a existencia de niños de avespa velutina.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...