InicioOccidentalViveiroO concelleiro de Facenda de Viveiro lembra que a actualización do IPC...

O concelleiro de Facenda de Viveiro lembra que a actualización do IPC da tarifa da auga aprobouse en 2003

A raíz do comunicado do BNG sobre a tarifa da auga, o goberno local de Viveiro responde que o grupo nacionalista está “actuando como noutras ocasións para tratar de desvirtuar tanto á alcaldesa, María Loureiro, como ao resto de compañeiros e compañeiras da corporación municipal”.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Facenda de Viveiro enviou un comunicado en relación á nota de prensa remitida aos medios de comunicación pola voceira do BNG de Viveiro, contra o que ela cualifica de “tarifazo” da auga.

O concelleiro de Economía e Facenda, Jesús Fernández, indica que o comunicado do BNG  non se corresponde coa realidade, “actuando polo tanto como noutras ocasións para tratar de desvirtuar tanto á alcaldesa, María Loureiro, como ao resto de compañeiros e compañeiras da corporación municipal”. A Concellaría de Facenda indica tamén que “se lle está dando cumprimento a unha modificación acaecida en 2003”.

Segundo o escrito remitido desde a Concellaría de Facenda de Viveiro “o que non indica a voceira do BNG é que nesas datas, no pleno celebrado o día 30 de outubro de 2003, o BNG estaba cogobernando en Viveiro co PSOE con tres concelleiros”. En dito pleno fora aprobado por unanimidade dos 16 membros presentes (5 do PSOE, 3 do BNG, 7 do PP e 1 de IU) o seguinte acordo:

a)    a modificación da cláusula contractual aplicando as tarifas da auga para o 2004 a subida do IPC interanual.

b) establecer como criterio no contrato de revisión das tarifas o IPC interanual no mes de setembro.

Así mesmo, na comisión informativa celebrada o día 29 de outubro de 2003 ditaminárase favorablemente, por unanimidade, esta proposta. No pleno celebrado en decembro de 2021, esta actualización foi aprobada con catorce votos a favor (7 do PSOE, 5 do PP, 2 de Por Viveiro) e un en contra do BNG.

“Vemos un exercicio de alarmismo infundado por parte da o Bermúdez para seguir mentíndolle aos veciños cando se está respectando un acordo plenario e unha modificación contractual coa empresa da auga” din desde a concellaría de Facenda.

Por parte do goberno municipal “como xa levamos desmostrando nos últimos exercicios, non se incrementaron os impostos e as taxas, agás nalgún momento puntual o incremento do IPC para algúns contratos asinados con esta referencia”.

A actualización deste IPC na tarifa da auga oscila entre 0,02 € e 0,17 €, dependendo do tipo de consumos. O contrato de subministros actualízase subindo 1,09 € e o enganche á rede xeral sube 5,62 €. Mentres que no caso da depuración oscila entre 0,06 € e 0,10 € para todos os tramos dita subida.

Esta revisión prevista no contrato suscrito coa empresa concesionaria é imprescindible para cubrir o custo da prestación, de xeito que se axuste entre custe directo do servizo/rendemento.

“Unha cousa é oposición e outra desesperación, como mostra de novo a concelleira do BNG, que parece que está desesperada por saír nos medios de comunicación a desprestixiar unha vez máis á alcaldesa”, sinalan desde o goberno local.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...