Viveiro ilumina a Porta de Carlos V para sensibilizar sobre as enfermidades raras

Trátase dunha iniciativa a nivel autonómico á que o Concello de Viveiro se suma como mostra de apoio a todas as aquelas persoas que este tipo de doenzas.

Porta de Carlos V. CONCELLO DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro iluminará a fachada da Porta de Carlos V de cor verde a noite do 28 de febreiro, con motivo da celebración do Día Mundial das Enfermidades Raras.

A Porta de Carlos V iluminarase desta cor, a petición da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, co obxectivo de darlle visibilidade a este colectivo.

Trátase dunha iniciativa a nivel autonómico á que o Concello de Viveiro se suma como mostra de apoio a todas as aquelas persoas que este tipo de doenzas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here