InicioOccidentalViveiroViveiro levará a súa Semana Santa a Sevilla o vindeiro 13 de...

Viveiro levará a súa Semana Santa a Sevilla o vindeiro 13 de marzo

Dende o goberno municipal valórase positivamente esta colaboración, considerando que é un fito importante para a Semana Santa de Viveiro e o Concello de Viveiro poder presentar a nosa tradición e o noso municipio nunha cidade de tan longa tradición cofrade, agradecendo a disposición e acollida da Irmandade sevillana para participar nestes actos de confraternidade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a Xunta de Cofradías da Semana Santa e a Banda de Nuestra Señora de la Misericordia participarán, o vindeiro 13 de marzo, nos actos do quinario da Cofradía de Nuestro Padre Jesús Cautivo y Nuestra Señora del Rosario Doloroso de Sevilla.

Estes actos de colaboración celebraranse na igrexa de San Ignacio de Loyola, que tamén é sede da Irmandade, onde na mañá do domingo 13 de marzo está prevista a presentación da Semana Santa de Viveiro e do Concello de Viveiro. Neste acto intervirán María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e José Veiga Golpe, presidente da Xunta de Cofradías de Semana Santa. Para esta presentación tamén está prevista a proxección dun vídeo sobre Viveiro e a súa Semana Santa, así como a exposición de estandartes e hábitos de distintas cofradías e irmandades para mostralos no interior do templo.

Tras as intervencións, terá lugar o concerto da Banda Nuestra Señora de la Misericordia, que leva anos traballando incansablemente para adaptar marchas doutras rexións coa finalidade de incluílas na Semana Santa de Viveiro e que xa ten participado e colaborado noutras presentacións en Zamora e Granada.

Con motivo desta colaboración, desprazaranse a Sevilla a alcaldesa e varios membros da Xunta de Cofradías da Semana Santa, encabezados polo seu presidente, José Veiga Golpe. Tamén asistirán os integrantes da Banda Nuestra Señora de la Misericordia, xunto co seu presidente, Martín Trigo Pérez, grazas aos cales xurdiu a posibilidade de realizar esta colaboración.

Dende o goberno municipal valórase positivamente esta colaboración, considerando que é un fito importante para a Semana Santa de Viveiro e o Concello de Viveiro poder presentar a nosa tradición e o noso municipio nunha cidade de tan longa tradición cofrade, agradecendo a disposición e acollida da Irmandade sevillana para participar nestes actos de confraternidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...