InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro abre puntos de doazón para envío de material...

O Concello de Viveiro abre puntos de doazón para envío de material a Ucraína

O material que se está a recoller inclúe mantas e roupa de abrigo, produtos para bebés como cueiros, biberóns ou toalliñas; así como produtos de hixiene.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro recorda á cidadanía que dende hoxe, luns 7 de marzo, poden facerse doazóns de material para Ucraína nos tres puntos habilitados, no Centro de Servizos Sociais; na Casa do Forno, de Celeiro; e no Centro Social de Covas.

No Centro de Servizos Sociais, as doazóns poden realizarse dende hoxe ata o venres 11 de marzo, de 8:00 a 20:00 horas.

Na Casa do Forno, as doazóns poden realizarse dende hoxe ata o venres 11 de marzo , de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.

No Centro Social de Covas, as doazóns poden realizarse hoxe ata o domingo 13 de marzo. O horario de luns a venres é de 15:00 a 20:00 horas e o domingo é de 15:30 a 19:30 horas.

O material que se está a recoller inclúe mantas e roupa de abrigo, produtos para bebés como cueiros, biberóns ou toalliñas; así como produtos de hixiene.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...