InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro reclama maior atención ás pistas e estradas...

O BNG de Viveiro reclama maior atención ás pistas e estradas de competencia municipal

Entre as propostas dos nacionalistas en Viveiro figura atender a situación das estradas de titularidade do Concello de Viveiro. "O BNG xa propuxera un elaborado Plan de Mantemento de Estradas Municipais, con políticas convenientemente estruturadas e axendadas que incluía tarefas de mantemento, conservación e mellora de estrada".

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro deu a coñecer unha serie de medidas que consideran non deberan ser pasadas por alto polo goberno municipal.

Entre as propostas dos nacionalistas en Viveiro figura atender a situación das estradas  de titularidade do Concello de Viveiro. “O BNG xa propuxera un elaborado Plan de Mantemento de Estradas Municipais, con políticas convenientemente estruturadas e axendadas que incluía tarefas de mantemento, conservación e mellora de estrada”.

Sinalan que o plan proposto foi rexeitado en pleno pero “no que se ve da súa necesidade con cada día que pasa, sen observación nin planificación das obras e actuando tan só baixo denuncia pública“. Como exemplo disto poñen as accións de hai uns meses “en Boimente a traves das redes sociais e do BNG, e hai uns días nas Pallaregas á raiz dunha exitosa recollida de sinaturas veciñal queixándose do abandono das estradas competencia do Concello”.

Outra das propostas do BNG viveirense é a mellora da comunicación por Internet de alta velocidade. “O BNG xa reclamou da administración local, autonómica e estatal, unha solución tecnolóxica para estes núcleos rurais de Viveiro que están en zonas de sombra“.

Por último, para o grupo nacionalista é necesario dinamizar o rural apoiando o sector cárnico. “O matadoiro municipal leva 10 meses pechado pola carencia de traballos de inspección, comprobación e supervisión á subcontrata”. Denuncian tamén que agora que está pechado, “tampouco se ve interés nin avances para a súa reapertura da que dependen gandeirías e carnizarías do noso concello e arredores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...