InicioOccidentalViveiroViveiro iluminará de amarelo a Porta de Carlos V o 14 de...

Viveiro iluminará de amarelo a Porta de Carlos V o 14 de marzo polo día da endometriose

. O Concello de Viveiro expresa desta maneira o seu apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro iluminará de cor amarela a noite do 14 ao 15 de marzo, do próximo luns ao martes, a porta de Carlos V polo Día da Endometriose, que se celebra o 14 de marzo. O Concello de Viveiro expresa desta maneira o seu apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade.

Con esta acción, Viveiro súmase á iniciativa posta en marcha pola Asociación ‘Querendo. Mulleres con Endometriose’, co obxectivo de iluminar nesa data os monumentos máis emblemáticos de cor amarela.

A cor amarela é a representativa desta enfermidade e o Concello súmase a esta iniciativa co obxectivo de dar visibilidade a esta doenza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...