InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro pide informarse no BOE sobre o procedemento para...

O Concello de Viveiro pide informarse no BOE sobre o procedemento para acoller persoas de Ucraína

Tamén se facilita o enlace a unha guía de actuación, tanto en castelán como en ucraíno, con información sobre o modo de proceder por parte dos desprazados ucraínos en España. Está dispoñible neste enlace https://www.inclusion.gob.es/ficheros/ucrania/guia_desplazados_ucranianoses.pdf

Publicada o

- Advertisement -

Ante as consultas recibidas no Departamento de Servizos Sociais, en relación co procedemento a seguir para poder acoller temporalmente a persoas afectadas polo conflito en Ucraína, dende o Concello de Viveiro infórmase que no Boletín Oficial do Estado de data 10 de marzo de 2022 se publicou a Orde que regula dito procedemento.

As persoas interesadas poden acceder á Orde PCM/169/2022, de 9 de marzo, pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína no seguinte enlace https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715

Tamén se facilita o enlace a unha guía de actuación, tanto en castelán como en ucraíno, con información sobre o modo de proceder por parte dos desprazados ucraínos en España. Está dispoñible neste enlace https://www.inclusion.gob.es/ficheros/ucrania/guia_desplazados_ucranianoses.pdf

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...