IniciosociedadeRachas de vento a máis de 130 km/h en Viveiro

Rachas de vento a máis de 130 km/h en Viveiro

Segundo a información de Meteogalicia, en Burela o vento chegou a 112 quilómetros por hora.

Publicada o

- Advertisement -

O vento alcanzou os 131,5 quilómetros por hora este sábado en Penedo do Galo, no municipio de Viveiro, nunha xornada de temporal en Galicia.

Segundo a información de Meteogalicia, en Burela o vento chegou a 112 quilómetros por hora, mentres tamén se superan os 100 quilómetros por hora en Arteixo e Vimianzo.

Este sábado hai aviso laranxa no litoral galego por ondas de ata 7 metros e fortes ventos, ademais de haber precipitacións xeneralizadas na comunidade.

Muralla, no municipio coruñés de Lousame, rexistra o maior valor de precipitacións, con 17,6 litros por metro cadrado. A temperatura mínima da xornada tivo lugar en Baltar, con tres graos baixo cero.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...