InicioOccidentalViveiroConferencias en Viveiro sobre Maruja Mallo e a súa figura como parte...

Conferencias en Viveiro sobre Maruja Mallo e a súa figura como parte da vangarda do século XX

O ciclo de conferencias continúa co programa do Día Internacional da Muller do Concello de Viveiro, que tiña como eixo central a figura desta artista viveirense, para dar visibilidade ao percorrido das mulleres artistas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu onte o primeiro ciclo de conferencias “Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX”. A cita, co obxectivo de enxalzar a figura da artista viveirense, contou cos relatorios de José Luis Ferris e Carlos Nuevo Cal.

“Rescatar do esquecemento a traxectoria de Maruja Mallo é un obxectivo para nós como goberno local, co obxectivo de que a cidadanía desfrute da súa obra e coñeza a súa figura”, resalta María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Na conferencia, ambos expertos sobre a figura de Maruja Mallo deron a coñecer facetas feministas desta muller, ata o momento ocultas. A cita suscitou un interesante debate sobre a traxectoria tanto persoal como cultural de Maruja Mallo.

O ciclo de conferencias continúa co programa do Día Internacional da Muller do Concello de Viveiro, que tiña como eixo central a figura desta artista viveirense, para dar visibilidade ao percorrido das mulleres artistas.

Concretamente, José Luis Ferris, ofreceu o relatorio “De Viveiro ao mundo. Maruja Mallo a gran vangardista europea”; mentres que Carlos Nuevo compartiu a conferencia “Maruja Mallo, dende Viveiro ao Madrid Republicano”.

“Sen dúbida, a cita de onte suscitou un gran interese sobre a figura de Maruja Mallo, abrindo a porta a investigar e navegar pola vida desta extraordinaria muller nada en Viveiro hai 120 anos”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Estas conferencias continuarán nos próximos meses, dado o éxito da primeira edición. Como xa adiantou o Concello de Viveiro, a vindeira cita será o 21 de abril, da man de Antón Reixa, quen falará sobre o seu documental “Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...