O BNG de Viveiro reclama ao Concello información sobre o Fondo de Compensación Ambiental

O grupo nacionalista pide ao goberno municipal viveirense que informe, se foi presentada a solicitude da anualidade 2022, informe sobre o seu estado e os proxectos presentados.

Concello de Viveiro. GALIPEDIA/XOSEMA

O BNG de Viveiro informa nunha nota de prensa que en febreiro de 2022 rematou o prazo de presentación para a convocatoria de 2022 do Fondo de Compensación Ambiental, “que debera ter adxunto un proxecto ou plan no que se investiría a subvención”. Nese sentido, din non entender como o goberno local non comparte e debate cos demais grupos políticos a participación de Viveiro en dito fondo neste 2022.

Pola contra, lembran que si se debatiu no Consistorio a denegación en 2021 do Fondo de Compensación Ambiental, cunha subvención de 90.000€. Ao final debatirase a presentación dun recurso Contencioso-Administrativo no Xulgado no mes de novembro de 2021. É por iso que o grupo nacionalista “non comprende a actidude do Goberno Municipal ao convocar a todos os grupos e colectivizar os problemas e, cando se trata de iniciativas e oportunidades, como é esta subvención, non se compartan e acorden cos demais grupos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here