InicioOccidentalViveiroO 'Viveiro Music Fest' celebrarase o 8 de abril coa actuación da...

O ‘Viveiro Music Fest’ celebrarase o 8 de abril coa actuación da orquesta Panorama

O Concello de Viveiro colabora coa organización deste festival, que terá lugar o Venres de Dores e para o cal se tivo en conta o seu horario, de modo que as actuacións non empecen ata que acabe a procesión.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa da presentación, esta mañá, do Viveiro Music Fest. O festival terá lugar o 8 de abril de 2022, a partir das 11:00 horas, no campo de fútbol de Celeiro, organizado pola Asociación de Festexos A Medorra coa colaboración do Concello de Viveiro.

No programa do Viveiro Music Fest inclúese a primeira actuación da Gira 2022 da Orquestra Panorama e a homenaxe a Queen de Freddie Mercury de Remember Queen, que é o tributo oficial nº 1 en Europa, así como a actuación da discoteca móbil Decibelios.

As entradas están á venda dende as 13:00 horas do día 17 de marzo. As entradas anticipadas poden adquirise a través de ticketea.com ou nos puntos de venda física que a organización comunicará proximamente. Tamén se poderán comprar o mesmo día da actuación na taquilla, que abrirá ás 16:00 horas.

O Concello de Viveiro colabora coa organización deste festival, que terá lugar o Venres de Dolores e para o cal se tivo en conta o seu horario, de modo que as actuacións non empecen ata que acabe a procesión.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...