InicioOccidentalViveiroEntrega de diplomas aos novos especialistas musicais do Conservatorio de Viveiro

Entrega de diplomas aos novos especialistas musicais do Conservatorio de Viveiro

O acto comezará cun pequeno concerto da Orquestra de Guitarras do Conservatorio, dirixida por Antonio Río Rodríguez, e formada por 18 guitarristas que neste caso vanse ver reforzados por 12 alumnos de guitarra de grao elemental, no que será o seu primeiro concerto público.

Publicada o

- Advertisement -

A Igrexa das Concepcionistas de Viveiro acolle mañá, venres 25 de marzo, ás 17:00 horas o acto académico de entrega de diplomas dos Cursos de especialización musical que se realizaron no último trimestre do ano 2021.

Os cursos foron organizados polo Concello de Viveiro, a través do responsable do Conservatorio, que é o tenente de alcalde Jesus Fernández Fernández, e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

O acto comezará cun pequeno concerto da Orquestra de Guitarras do Conservatorio, dirixida por Antonio Río Rodríguez, e formada por 18 guitarristas que neste caso vanse ver reforzados por 12 alumnos de guitarra de grao elemental, no que será o seu primeiro concerto público.

Interpretarán obras coñecidas do repertorio deste tipo de agrupacións, ademais da estrea dunha obra da alumna Beatriz Díaz López. A entrada é libre.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...