InicioOccidentalViveiroCríticas do PP de Viveiro ao goberno local por non pedir subvencións...

Críticas do PP de Viveiro ao goberno local por non pedir subvencións á Xunta para parques empresariais

Os populares consideran que, unha vez máis, se comproba que o de Viveiro é un “goberno sen ideas e totalmente esgotado”.

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro recriminou á alcaldesa María Loureiro que “non cumpra o acordo plenario para mellorar o polígono de Landrove e critica que en 5 anos non pedira as subvencións da Xunta para parques empresariais”.

Segundo unha nota de prensa do PP viveirense, o goberno municipal votou a favor da iniciativa do PP para mellorar as condicións do parque empresarial, pero segundo sinala o portavoz popular, Óscar Rodríguez, “despois de deixar perder as subvencións que ofrece a Xunta durante cinco anos, agora di que non dispón de recursos para facelo”

O grupo municipal do PP insta á alcaldesa a buscar os recursos precisos para acometer a mellora do parque empresarial no que se refire “ao aumento de iluminación, a cobertura de internet, o incremento do número de contedores para a recollida do lixo, así como á dotación de sinalización tanto interior como exterior”

Óscar Rodríguez sinala: “Este goberno sen ideas e totalmente esgotado deixou pasar cinco ocasións de conseguir subvencións da Xunta para a mellora de parques empresariais. Subvencionan un 85% ata un máximo de 120.000 euros; incluso é posible conseguir un adianto do 25%. Que se lles pasara a primeira convocatoria, non sendo xustificable, podería ser entendible; pero é que pasaron todas as convocatorias e non se acolleron a ningunha. E dicir, pasaron 600.000 euros por diante da porta do Concello e non se molestaron en pedir nin un euro”

Rodríguez destaca que o polígono industrial de Landrove é de competencia totalmente municipal e está nun estado case deplorable. Sinala: “Falan de que economicamente non poden abordar a mellora do polígono, pero levamos cinco anos e ningún deles se pediu as subvencións que hai dispoñibles”. Lembra que o goberno local deixou perder tamén subvencións para outros fins.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...