InicioOccidentalViveiroViveiro demanda á Axencia Galega de Infraestruturas repintar a sinalización de varias...

Viveiro demanda á Axencia Galega de Infraestruturas repintar a sinalización de varias rúas de competencia autonómica

A sinalización horizontal dalgúns tramos destas estradas atopábase bastante borrosa, polo que podería provocar algún incidente innecesario e, por ese motivo, solicitouse a realización das tarefas de repintado de liñas laterais, centrais ou pasos de cebra.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Obras, solicitoulle á Axencia Galega de Infraestruturas a realización de diversos traballos de repintado na sinalización horizontal das rúas Travesía da Mariña, Avenida de Galicia e Avenida de Navia Castrillón por tratarse de viais de titularidade autonómica.

A sinalización horizontal dalgúns tramos destas estradas atopábase bastante borrosa, polo que podería provocar algún incidente innecesario e, por ese motivo, solicitouse a realización das tarefas de repintado de liñas laterais, centrais ou pasos de cebra.

Dende o goberno municipal solicítase desculpas polas molestias que estes traballos puideron ocasionar, indicando que se solicitará á AXI que en vindeiras ocasións se informe previamente das datas e horarios nos que se realizarán as actuacións, co fin de coordinar e evitar na medida do posible que estes traballos afecten á circulación en horas puntas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...