InicioOccidentalViveiroInstalada a carpa 'Antesala dun Museo' en Viveiro para recoller varios paseos...

Instalada a carpa ‘Antesala dun Museo’ en Viveiro para recoller varios paseos e elementos procesionais da Semana Santa

Nun acto na Igrexa das Concepcionistas de Viveiro procedeuse a entregar os diplomas dos Cursos de especialización musical que se realizaron no último trimestre do ano 2021.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa da instalación ao longo desta semana da carpa ‘Antesala dun Museo’, que dende hai varios anos se ubica na Praza de Jacinto Calvo, nas inmediacións da Igrexa de San Francisco, para albergar varios dos pasos e enseres relacionados coas procesións da Semana Santa de Viveiro, festa declarada de Interese Turístico Internacional.

A instalación de dita carpa é posible grazas á firma dun convenio nominativo, a través dunha subvención, entre o Concello de Viveiro e a Deputación Provincial de Lugo, sendo a Xunta de Cofradías a encargada de organizar as actividades a realizar dentro desta carpa, que un ano máis servirá como “antesala dun museo” para disfrute de veciños e visitantes.

“Xa estamos a poucas datas dunhas das edicións máis emotivas da nosa Semana Santa despois de dous anos de dura pandemia, polo que temos a seguridade de que será un éxito”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, que quere agradecer “o traballo da xunta de cofradías”.

Este ano, a carpa instalouse con anterioridade ás datas habituais debido á que a Xunta de Cofradías decidiu cambiar a ubicación da celebración do Certame de Bandas Cidade de Viveiro, que esta tarde alcanza a súa décima edición e que se viña celebrando nas instalacións do Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

O motivo deste cambio de ubicación do Certame de Bandas é a situación derivada da pandemia, co obxectivo de facilitar maior espazo tanto aos compoñentes das catro bandas participantes nesta edición (Banda TAU, Banda Naval de Viveiro, Banda da Misericordia e Agrupación Musical Nuestra Señora del Carmen de Ferrol) así como ao público asistente a dito acto.

Dende o goberno municipal quérese agradecer publicamente á Deputación de Lugo pola súa boa disposición asinando este convenio que permite ao Concello de Viveiro seguir colaborando coa Semana Santa, como unha das celebracións máis representativas do municipio, e contribuír ao seu engrandecemento e proxección.

DIPLOMAS DOS CURSOS ESPECIALIZACIÓN MUSICAL

A Igrexa das Concepcionistas de Viveiro acolleu o acto académico de entrega de diplomas dos Cursos de especialización musical que se realizaron no último trimestre do ano 2021.

Os cursos foron organizados polo Concello de Viveiro, a través do responsable do Conservatorio, que é tenente de alcalde Jesus Fernández Fernández, e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

O acto comezou cun pequeno concerto da Orquestra de Guitarras do Conservatorio, dirixida por Antonio Río Rodríguez, e formada por 18 guitarristas que neste caso foron reforzados por 12 alumnos de guitarra de grao elemental.

 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...