Un alumno de FP do IES María Sarmiento de Viveiro, elixido como o mellor soldador de España

O alumno é Mateo Rubal Fanego que xunto con outros dous alumnos do IES María Sarmiento que representaron a Galicia nunha competición con alumnos de todo o Estado: Sergio Martínez (Automoción) e Adrián López (Electricidade).

IES María Sarmiento. GOOGLE MAPS

O Concello de Viveiro quere trasladar a súa noraboa a Mateo Rubal Fanego, alumno de FP do IES María Sarmiento, elexido mellor soldador de España.

Quero felicítalo a él persoalmente e tamén ao IES María Sarmiento, onde Rubén cursou o Ciclo Medio de Soldadura”, asegura a alcaldesa, María Loureiro. Ademais de Rubal, outros dous alumnos do IES María Sarmiento competiron representando a Galicia: Sergio Martínez (Automoción) e Adrián López (Electricidade).

A Formación Profesional é fundamental, polo que temos que poñer en valor o esforzo dos profesores e do alumnado”, engade Loureiro, lembrando “a calidade do ensino no María Sarmiento, un centro moi implicado cos seus alumnos e que participa en numerosas iniciativas de formación”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here