InicioOccidentalViveiroHomenaxe ao proxecto 'Diario Sarmiento' en Viveiro coa asistencia da alcaldesa da...

Homenaxe ao proxecto ‘Diario Sarmiento’ en Viveiro coa asistencia da alcaldesa da localidade

No curso 2020-2021, o grupo de traballo Peripatéticos Viveirenses do centro resultaba gañador a nivel nacional do programa Youth4Good promovido pola Fundación Vodafone, presentando unha ferramenta tecnolóxica como solución ao reto do bullying nos centros escolares.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asistiu hoxe no IES María Sarmiento á presentación do proxecto ‘Diario Sarmiento’, un acto no que tamén estivo María Carmen Gueimunde, responsable da Xefatura Provincial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación y Universidade da Xunta de Galicia.

No curso 2020-2021, o grupo de traballo Peripatéticos Viveirenses do centro resultaba gañador a nivel nacional do programa Youth4Good promovido pola Fundación Vodafone, presentando unha ferramenta tecnolóxica como solución ao reto do bullying nos centros escolares.

O premio alcanzado supoñía 5.000 euros para facer realidade o proxecto. O grupo gañador remataba xusto ese curso os seus estudos no centro, co que se facía preciso que outro alumnado asumise o relevo e retomase o proxecto para darlle continuidade.

Os colectivos encargados de continuar coa iniciativa foron Las Grandiosas Tigresas Barbudas (LGTB) e O Alumnado Axudante (AAA), coa coordinación dos mestres Alicia Yáñez e Francisco Basanta.

Quero agradecer o traballo e a implicación do conxunto da comunidade educativa, das profesoras, profesores e do equipo directivo do IES María Sarmiento, que comparten a filosofía desta e outras iniciativas e traballan moi duro cada día para educar aos nosos fillos e fillas”, afirma a alcaldesa.

Grazas tamén á Fundación Vodafone, a Lucas Requejo, sempre disposto a colaborar co noso concello en diferentes iniciativas, e por suposto aos alumnos e alumnas que participaron coas súas ideas, que reflicten o ben que coñecen a sociedade actual e os problemas que teñen como mozos e mozas”, apuntou Loureiro.

Para o Concello de Viveiro, “este programa é moi interesante, porque os alumnos e alumnas participantes convertense en axentes do cambio social, creando sempre da man da innovación ferramentas e solucións para mellorar o seu entorno”.

Trátase en definitiva dunha boa iniciativa para contribuír á educación e a formación dos nosos mozos e mozas, o cal é unha prioridade por suposto para o Concello de Viveiro”, engadiu a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...