Viveiro ve “inaceptables” os actos vandálicos que deixaron estragadas as árbores ornamentais nunha avenida e no xardín Noriega Varela

“Son feitos que non son habituais en Viveiro, temos uns veciños que en liñas xerais sempre demostran un comportamento exemplar, por iso consideramos inconcebibles estas actitude", sinala a alcaldesa María Loureiro.


O Concello de Viveiro lamenta e considera “inaceptables e moi tristes” os actos vandálicos ocorridos na pasada madrugada na avenida de Ramón Canosa e nos xardíns Noriega Varela.

Na avenida de Ramón Canosa, arrincáronse un total de oito árbores que foran plantadas o ano pasado, mentres que nos xardíns Noriega Varela rexistráronse destrozos en numerosas plantas en flor.

O Concello de Viveiro quere facer un chamamento público para que non se repitan nunca máis este tipo de actos vandálicos, unha conducta incívica e deplorable.

“Son feitos que non son habituais en Viveiro, temos uns veciños que en liñas xerais sempre demostran un comportamento exemplar, por iso consideramos inconcebibles estas actitudes; non é esta a imaxe que queremos para Viveiro, é tarefa de todos facer do noso concello un lugar mellor”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here