InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro pon á venda os abonos do Resurrection Fest...

O Concello de Viveiro pon á venda os abonos do Resurrection Fest para residentes empadroados

Para a súa adquisición é necesario presentar o DNI, o pago realizarase unicamente con tarxeta e o seu custe é de 79€ para as entradas normais e de 149€ para as Pandemonium.

Publicada o

- Advertisement -

O Concelo de Viveiro pon á venda desde este venres 1 de abril as entradas do Resurrection Fest para os empadroados e empadroadas no Concello de Viveiro. Será así todos os venres até o Festival.

Todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao Resurrection Fest teñen o desconto do 50%, en virtude do acordo que o Concello de Viveiro ten coa organización do festival.

Con esta promoción, agradécese á veciñanza a tolerancia e respecto que ano tras ano demostraron, xa que, malia o efecto positivo do festival no municipio, a cita pode ocasionar algunha incomodidade entre a cidadanía.

As entradas poderanse comprar os venres, no 1º andar dos claustros de San Francisco, en horario de 9:00 a 11:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas.

Para a súa adquisición é necesario presentar o DNI, o pago realizarase unicamente con tarxeta e o seu custe é de 79€ para as entradas normais e de 149€ para as Pandemonium.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...