InicioOccidentalViveiroA Deputación de Lugo subvenciona con 25.000 euros a Semana Santa de...

A Deputación de Lugo subvenciona con 25.000 euros a Semana Santa de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo colabora coa Semana Santa de Viveiro cunha achega de 25.000 euros para “impulsar” este evento como “un reclamo turístico para a provincia”. Este ano, o pregón da Semana Santa viveirense estivo a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo da Deputación, Aurelia Balseiro, que xa fora elixida para realizalo no ano 2020, pero que con motivo da pandemia suspendeuse.

En representación da institución provincial acudiu o deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, que destacou a importancia desta cita para Viveiro e a comarca da Mariña. Ademais asegurou que hai anos “transcendeu do acontecemento cristián e do seu carácter sacro para converterse nun encontro imprescindible coa cultura e coa historia”.

Nesta mesma liña, segundo trasladou a Deputación nun comunicado, García Pernas subliñou que é unha celebración que situou a Viveiro “no mapa internacional do turismo como un “dos mellores lugares nos que gozar desta tradición”, cun impacto económico “moi importante” e que resulta “un dos mellores escaparates para mostrar a diversidade” de Viveiro e da comarca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...