Controlada unha fuga de amoníaco na lonxa de Celeiro

Non resultou afectada ningunha persoa.

Porto de Celeiro. TURISMO DE GALICIA

Os servizos de emerxencias de Viveiro controlaron durante esta noite unha fuga de amoníaco procedente do depósito dunha cámara frigorífica na lonxa de Celeiro, que non afectou a ningunha persoa.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 22,15 horas, cando o amoníaco dun depósito se foi liberando debido a un escape nunha tubaxe do sistema de refrixeración.

A alerta sobre este suceso recibiuse a través da chamada dos traballadores, que informaban dunha “importante fuga” deste gas na zona de conxelado. Enseguida, foron mobilizados os Bombeiros de Viveiro, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil.

Finalizada a intervención, os servizos de emerxencias confirmaron que a perda tivo lugar pola rotura dun tubo da cámara frigorífica. Pola súa banda, os bombeiros realizaron medicións do ambiente que deron como resultado un nivel correcto de osíxeno.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here