InicioOccidentalViveiroPrensentan en Viveiro o I Concurso de Composición de Marchas Procesionais 2023

Prensentan en Viveiro o I Concurso de Composición de Marchas Procesionais 2023

Durante o acto tamén se entregou un agasallo á Xunta de Cofradías con motivo da estrea da Marcha ‘El beso de Judas’ de David Rivas, composta polo 75 aniversario da ‘Irmandade do Prendemento’.

Publicada o

- Advertisement -

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolleu este pasado mércores a presentación do Primeiro Concurso de Composición de Marchas Procesionais 2023, que leva o nome de Blas García Liz. Nesta presentación participaron o Concello de Viveiro e a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.

Un novo pulo á creación cultural, co que promovemos o talento dos compositores e compositoras de toda España. Aproveito estas verbas para agradecer a implicación neste proxecto da Banda de Música O Landro de Viveiro e da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro”, afirmou a alcaldesa, María Loureiro.

“Gustaríame destacar por suposto que con este certame rendemos unha homenaxe a unha figura de grande importancia no noso municipio, Blas García Liz, cuxa recente perda supuxo un duro golpe para a nosa cultura e sobre todo para a Banda Municipal “O Landro”, da que era o seu presidente”, manifestou.

“Este certame pretende homenaxear a súa traxectoria, intimamente ligada co percorrido da nosa banda. Blas implicouse na banda en todos os niveis, primeiro como músico e máis tarde como directivo, pero sempre loitando para que a Banda e, polo tanto, Viveiro, estivesen ao máis alto nivel musical”, engadiu.

Fíxose tamén entrega dun agasallo á Xunta de Cofradías con motivo da estrea da Marcha ‘El beso de Judas’ de David Rivas, composta polo 75 aniversario da ‘Irmandade do Prendemento’.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...