InicioOccidentalViveiroCase cen nenos e nenas participaron en Viveiro nos Obradoiros de Semana...

Case cen nenos e nenas participaron en Viveiro nos Obradoiros de Semana Santa

“Traballaremos para continuar e mellorar este tipo de actividades de lecer e creatividade”, afirma a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro organizou esta Semana Santa xunto a Eureka Actividades uns obradoiros de lecer e creatividade para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

A iniciativa foi un éxito e contou con preto de 100 nenos e nenas, que coa axuda dos monitores realizaron diferentes actividades.

“Traballaremos para continuar e mellorar este tipo de actividades de lecer e creatividade”, afirma a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Recollimos ademais todas as propostas e recomendacións feitas polas familias e as teremos en conta para próximas edicións dos obradoiros”, engade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...