InicioOccidentalViveiroViveiro valora de maneira moi positiva a Semana Santa 2022 despois de...

Viveiro valora de maneira moi positiva a Semana Santa 2022 despois de dous anos de pandemia

Con respecto á afluencia de turistas, cabe destacar que nestes días Viveiro duplicou a súa poboación e que a ocupación hoteleira no municipio acadou o 100%.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fai un balance “moi positivo e satisfactorio da Semana Santa”, unha cita moi esperada despois de dous anos de pandemia. “Todo saiu ben e foi moi emotivo, porque os veciños e os visitantes tiñan moitas ganas de vivir de novo a Semana Santa”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, que destaca ademais “a importancia destes días para a economía local e para sectores como a hostalaría e o hospedaxe”.

O tempo foi propicio durante a semana e todas as procesións e actos puideron celebrarse e lucir no seu máximo esplendor. Neste sentido, “cómpre agradecer o traballo da Xunta de Cofradías da Semana Santa e de cada unha das cofradías que, un ano máis, traballaron arreo para que cada unha das procesións saíran á rúa amosando a súa grandiosidade, e permitindo a veciños e visitantes disfrutar duns pasos que destacan pola riqueza patrimonial da súa imaxinería e a súa antigüidade”, engade a alcaldesa.

De entre todos os actos e procesións, houbo un que este ano tivo un significado especial, resultando especialmente emotivo. Trátase do desfile procesional do Prendimiento, no que a Banda de Música O Landro estreou a marcha ‘El Beso de Judas’, con motivo da celebración do 75º aniversario da Hermandad del Prendimiento.

Con respecto á afluencia de turistas, cabe destacar que nestes días Viveiro duplicou a súa poboación e que a ocupación hoteleira no municipio acadou o 100%. Tamén resultou un éxito absoluto as visitas guiadas organizadas pola Concellaría de Turismo, quedando cubertas todas as prazas ofertadas xa dende o pasado luns; destaca, asemade, o elevado número de visitantes nas publicacións que sobre a Semana Santa se realizaron nas redes sociais.

Entre os visitantes que se achegaron á oficina de turismo para solicitar información, cómpre indicar que a súa procedencia foi maioritariamente de ámbito nacional, aínda que tamén se rexistraron visitantes de Francia, Bélxica, Polonia ou Filipinas.

“Quero, finalmente, agradecer publicamente a todos aqueles que fixeron posible, co seu traballo, participación ou asistencia, que a Semana Santa de Viveiro fose un grande éxito”, apunta Loureiro.

A alcaldesa quere facer unha mención especial a todo o persoal do Concello de Viveiro, ao Servizo Municipal de Limpeza e ás forzas e corpos de seguridade (Policía Local, Protección Civil, Policía Nacional, Garda Civil e Bombeiros) polo seu extraordinario traballo, velando en todo momento pola normalidade e seguridade da celebración.

E por último, neste agradecemento quero citar, de maneira especial, a todos os veciños e veciñas de Viveiro pola súa implicación e por ser, sen dúbida, parte do éxito da nosa Semana Grande, agradecendo o seu carácter acolledor e a súa comprensión polos cortes de tráfico e demais medidas adoptadas por seguridade alterando a súa normalidade. A todos a nosa máis sinceira gratitude”, remata a alcaldesa de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...