InicioOccidentalViveiroConcello de Viveiro e o IES María Sarmiento colaboran para dar a...

Concello de Viveiro e o IES María Sarmiento colaboran para dar a coñecer o Camiño do Mar

Esta acción encádrase no proxecto que está levando a cabo o IES María Sarmiento, coordinado por María Ron Cancio, en relación co exposición ‘A memoria do son’, na que se inclúe unha réplica dos instrumentos musicais do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro colabora co IES María Sarmiento nunha acción para promover e dar a coñecer o Camiño do Mar. Trátase dunha ruta organizada por Manuel Vicente, presidente da Asociación de Amigos do Camiño do Mar, na que os escolares participantes parten da igrexa de Santa Ana, en Celeiro, para chegar ata o instituto, onde se lle fai entrega dun pequeno agasallo e das credenciais co selo de Viveiro.

Esta acción encádrase no proxecto que está levando a cabo o IES María Sarmiento, coordinado por María Ron Cancio, en relación co exposición ‘A memoria do son’, na que se inclúe unha réplica dos instrumentos musicais do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Un total de tres grupos de escolares participarán nesta andaina coa que se pretende promover e dar a coñecer o Camiño do Mar. Hoxe fixeron esta pequena peregrinaxe un grupo de estudantes do CEIP de Covas, que estiveron acompañados ao longo da ruta por María Soledad Rey Yáñez, concelleira de Turismo, e aos que lles fixo entrega das credencias seladas.

Mañá, tocaralles a un grupo de nenos e nenas do CEIP de Vicedo e o venres, farano alumnos e alumnas do Colexio Landro. Ademais da Concellaría de Turismo, colabora neste iniciativa a Concellaría de Educación.

O Concello de Viveiro traballa dende hai anos a prol da oficialización do Camiño do Mar, xa que considera que acadar a oficialidade é de vital importancia para toda a comarca, ao tratarse dun novo recurso turístico que redundaría positivamente no turismo e economía da zona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...