Unha unidade móbil do programa “Coidados Porta a Porta” da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Viveiro, estará os días 25, 26 e 27 nos Xardíns Noriega Varela prestando, de xeito gratuíto, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores.
As unidades móbiles do programa “Coidados Porta a Porta” están percorrendo diferentes concellos galegos prestando, preferentemente baixo cita previa, servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
As persoas interesadas en facer uso deste servizo poden solicitar máis información ou cita previa chamando ao número de teléfono 622 748 283.