InicioOccidentalViveiroCursos de iniciación á música no Conservatorio de Viveiro coa colaboración do...

Cursos de iniciación á música no Conservatorio de Viveiro coa colaboración do Concello

O curso está dirixido a menores de entre 8 e 14 anos e supón un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para menores sen coñecementos musicais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades. A iniciativa busca facilitar un primeiro achegamento á musica aos máis pequenos/as, coa fin de fomentar neles o gusto por esta arte, que tanto arraigo ten no Concello de Viveiro.

Impartirase un curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos e nenas nacidas no ano 2015, baseándose na idea de aprender xogando.

Tamén se impartirá un curso de iniciación ao instrumento de: Clarinete, Frauta Travesa, Gaita, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Tuba e Violonchelo. O curso está dirixido a menores de entre 8 e 14 anos e supón un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para menores sen coñecementos musicais.

O prazo de matrícula estará aberto entre o 25 ata o 28 de abril e as prazas son limitadas. A inscrición realizarase na secretaría do Conservatorio de Música con cita previa, podendo obtela chamando ao teléfono 982560486 en horario de oficina (de luns a venres de 9:00 a 14:00 h).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...