InicioOccidentalViveiroÉxito da Semana Santa dos Nenos en Viveiro o que asegura novas...

Éxito da Semana Santa dos Nenos en Viveiro o que asegura novas edicións desta celebración

"A semana Santa dos Nenos supón unha garantía de continuidade, tendo en conta que cada ano participan máis nenos e nenas que queren formar parte destas emotivas procesións, que inclúen tanto imaxinería como bandas de tambores”, sinala María Loureiro, alcaldes de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra o éxito desta nova edición da Semana Santa dos Nenos, que comezou onte, xoves 21 de abril, e continúa durante a xornada deste venres.

Dende o Concello, agradécese o labor dos veciños e veciñas de Campo de Urraca, quen levan case 30 anos organizando esta Semana Santa dos Nenos. Un evento co que o Concello de Viveiro colabora a nivel loxístico e facilitando a merenda dos cativos e cativas nas dúas xornadas.

“A semana Santa dos Nenos supón unha garantía de continuidade, tendo en conta que cada ano participan máis nenos e nenas que queren formar parte destas emotivas procesións, que inclúen tanto imaxinería como bandas de tambores”, sinala María Loureiro, alcaldes de Viveiro.

A rexedora explicou que os cativos e cativas portarán “réplicas en miniatura dos pasos máis destacados da nosa Semana Maior”. Destacou tamén que esta é unha oportunidade única para desfrutar da implicación da infancia nunha das celebracións máis significativas para a vila.

“Comprobamos así que a continuidade da Semana Santa de Viveiro está máis que garantida”, rematou a rexedora viveirense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...