InicioOccidentalViveiroViveiro celebra o "compromiso, rebeldía e loita pola igualdade de Maruja Mallo"

Viveiro celebra o “compromiso, rebeldía e loita pola igualdade de Maruja Mallo”

“A relevancia de Maruja Mallo recae non só na sua importante obra como pintora vangardista, senón tamén no seu papel abanderando o movemento das ‘Sin Sombrero’. Dito movemento, aínda tan necesario hoxe en día, buscaba a visibilidade das mulleres vinculadas ás artes e ás letras que quedaron excluídas dos círculos masculinos”, afirmou a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou nun acto celebrado no Teatro Pastor Díaz “o exemplo de compromiso, rebeldía e loita pola igualdade de Maruja Mallo”.

Loureiro participou no ciclo conferencias ‘Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX’, que onte pola tarde acolleu a intervención ‘Maruja Mallo. Arte da Vida’, a cargo de artista Antón Patiño.

“Quero dar en primeiro lugar as grazas á concellería de Cultura e Muller de Viveiro e á súa concelleira, Lara Fernández, polo seu traballo na organización deste ciclo”, afirmou a alcaldesa de Viveiro.

“Como ben sabedes, neste 2022 cumpriuse o 120 aniversario do nacemento desta artista viveirense e desde o Concello estabamos na obriga de preparar unha programación especial”, engadiu.

“A relevancia de Maruja Mallo recae non só na sua importante obra como pintora vangardista, senón tamén no seu papel abanderando o movemento das ‘Sin Sombrero’. Dito movemento, aínda tan necesario hoxe en día, buscaba a visibilidade das mulleres vinculadas ás artes e ás letras que quedaron excluídas dos círculos masculinos”, afirmou María Loureiro.

“A súa obra e a súa forma de ser e comportarse son un exemplo para todas aquelas mulleres que traballamos cada día pola igualdade. A igualdade real entre homes e mulleres non é unha loita superada desgrazadamente, pero é unha prioridade para o Concello de Viveiro, por iso é tan importante a busca de referentes como Maruja Mallo”, rematou.

Esta tarde continúa o ciclo con Carmen Gaitán Salinas, científica no Instituto de Historia do CSIC, co relatorio ‘Explorando o cono sur: Maruja Mallo e o seu exilio transatlántico’. Será no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas, con entrada gratuíta ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...